A lenda internacional Bonnie Tyler actúa este martes en Santiago


A lenda do pop-rock internacional Bonnie Tyler atópase en Santiago de Compostela para preparar o concerto que ofrecerá este martes no Multiúsos Fontes do Sar dentro da programación promovida co gallo do Xacobeo 21-22. A súa actuación, organizada polo Festival Vilablues, conta co apoio autonómico a través da convocatoria extraordinaria de axudas para contribuír á recuperación económica das promotoras musicais independentes fronte ao impacto da crise sanitaria.

Bonnie Tyler presentará en directo os temas do seu oitavo álbum de estudio, The Best Is Yet to Come, un traballo de pop-rock con marcadas influencias dos anos 80 e que inclúe tanto temas orixinais como catro versións. A lendaria cantante, posuidora dunha das voces máis singulares do panorama internacional, repasará tamén os seus grandes éxitos, como It’s a Heartache, Total Eclipse of the Geart ou Holding Out for a Hero, entre outros.

O concerto de Bonnie Tyler, que dará comezo ás 22,15 h., estará precedido polas actuacións do dúo Blues do País, coa súa reinterpretación en clave galega dos clásicos deste xénero, e de Duendeneta Dilleis.

As entradas dispoñibles poden adquirirse na web woutick.es e no despacho de billetes do propio Multiúsos Fontes do Sar, que abrirá o acceso ao recinto do concerto ás 20,00 h.