A licitación as dúas fases de saneamento e camiños interiores de Frixe, en Muxía

1 minutes read

Coa realización destas obras preténdese non só acometer a renovación e acondicionamento dos pavimentos interiores do lugar senón tamén facer un perfeccionamento desde un punto de vista estético. Así pois, en dita intervención combinarase a pedra e o formigón para instalar unhas rúas que sexan características e sinal de identidade dese núcleo. A maiores, tamén leva incorporada toda a rede de saneamento para a futura conexión cunha planta depuradora.

O concelleiro de obras, Javier Romar, puxo en valor “a importancia e aposta en firme deste goberno local pola mellora da calidade de vida do noso rural cunha inversión histórica nesta zona”.

“Antes de entrar no goberno, na campaña electoral, prometemos que o lugar de Frixe tería neste goberno un aliado prioritario tras varias lexislaturas sen inversión. Por iso, decidimos facer algunha actuación puntual anterior a esta gran licitación pero, con esta última, pasa a ser un dos núcleos con máis inversión deste municipio”, destacou o alcalde Iago Toba.