44
O Concello de Malpica vai equipar o Centro de Día cunha sala de curas, unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente, unha recepción, despachos, comedor e outros mobles. Para iso, sacou a licitación un contrato para o suministro de mobiliario e equipamento por un valor de 30.220,56€ (IVE incluído). O prazo de entrega será de dous meses a partir do día da firma do contrato.