A licitación pública catro obras en Oza-Cesuras


O Concello de Oza-Cesuras vén de sacar a licitación pública catro obras que suporán un investimento superior aos 310.000 euros, dos que 276.000 serán achegados cos fondos do Plan Único de apoio ás obras e servizos municipais da Deputación provincial. Entre as obras, destaca a creación dunha nova estrutura cuberta e aberta nos laterais para a celebración de actividades e reunións no parque da Carballeira de Porzomillos, a mellora de estradas e camiños municipais, a substitución do pavimento das beirarrúas en Burricios, e a conexión da estación de bombeo da Graña á rede xeral de abastecemento de auga de Oza-Cesuras, o que permitirá dotar as vivendas da zona dun maior caudal de subministración de auga potable.