O goberno local sacou a licitación ao longo desta semana tres obras que se van levar a cabo en Frixe, Bardullas e Sorna. Serán tres obras de grandes dimensións, con un importe total de 450.783,28 euros. A primeira delas consiste na realización, en dúas fases simultáneas, dos camiños interiores de Frixe. A primeira fase conta cun orzamento de 93.167,28 euros, e na súa segunda fase elevarase ata os 107.650,29 euros.
A segunda das actuacións será a renovación dos camiños interiores de Sorna, cun investimento notable de 190.939,78 euros, xa que se trata dunha actuación cunha extensión moi grande. Durante a súa segunda fase levaranse a cabo os accesos.
A terceira das licitacións correspóndese cun vial de acceso en Bardullas, que contará cun investimento de 59.025,93 euros. Estas obras teñen previsto o seu inicio nas vindeiras semanas.
Inicio das obras de Martineto e Figueroa
Ao mesmo tempo, durante a próxima semana, darán comezo as obras dos lugares interiores de Martineto e Figueroa, das que xa foi completada a súa adxudicación.