A líder opositora de Venezuela María Corina Machado, premio Nobel da Paz

A gañadora do Premio Nobel da Paz 2025 é a opositora venezolana María Corina Machado pola súa loita por unha «transición xusta e pacífica» en Venezuela, segundo anunciou o comité noruegués deste galardón este venres desde Oslo, Noruega.

«O Comité Noruegués do Premio Nobel decidiu conceder o Premio Nobel da paz de 2025 a María Corina Machado. Recíbeo polo seu incansable labor para a promoción dos dereitos democráticos do pobo de Venezuela e pola súa loita para lograr unha transición xusta e pacífica dunha ditadura a unha democracia», explicou Jørgen Watne Frydnes, presidente do Comité ante os medios en relación ao réxime de Nicolás Maduro.

O xurado do premio, un dos que máis atención recibe a nivel mundial, sinalou que é unha «muller que fixo que as chamas da democracia sigan adiante, en metade dunha crecente escuridade». «Como líder das forzas democráticas en Venezuela, María Corina Machado é un dos exemplos máis extraordinarios de valentía civil en Latinoamérica nos últimos tempos», concluíron.

Related posts

Polo menos 36 mortos e 279 desaparecidos no incendio de varios rañaceos en Hong Kong

Detido na Habana o profesor ourensán fuxido logo de ser condenado por violar unha menor

EE.UU. designa ao Cártel dos Soles como «organización terrorista», con Maduro á fronte