O xuíz do mercantil ditamina que os partidos de Primeira e Segunda si poderán xogarse os venres, pero non os luns. Isto modifica os horarios xa configurados e afecta o Celta na terceira xornada. Pero a tirapuxa non remata aí. Rubiales pide a dimisión de Tebas e o presidente da Liga asegura, con todo, que se acabará xogando os luns. A nova foi recibida pola Federación española como un triunfo total.
O auto xudicial ordena que non se xogue os luns. E autoriza os venres sempre que a Liga lle pague 15 millóns de euros á Federación cada vez que programe un partido fóra da xornada oficial (sábado e domingo).
A Liga xa modificou os horarios das tres primeiras xornadas. Na terceira o partido do Celta contra o Sevilla pasa do luns ó venres….O organismo que preside Tebas expresou nun comunicado o seu desacordo co auto e anuncia unha apelación que non se vai resolver a tempo. Tamén di que fará todo o posible para minimizar o prexuízo de televisións e clubs…. Os socios deses clubs, en concreto os que acuden ós estadios son os máis beneficiados. Levaban tempo reclamando acabar co fútbol os luns.