A liga suspéndese de forma indefinida

O fútbol español quedou oficialmente suspendido este luns “ata que o goberno de España considere que pode volverse a xogar”, de acordo ao explicado pola Patronal e a Federación Española de Fútbol. A decisión tomouse tras unha reunión entre representantes da Federación e LaLiga en que entenderon que non se poden “facer previsións” atendendo á situación actual e tendo en conta que, nun principio, cando se decidiu o aprazamento da xornada 28, prevista para os días 13, 14 e 15 de marzo (xa a porta pechada), ata a primeira semana de abril, a crise de coronavirus non era, en absoluto, tan grave como é na actualidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha