A liña de axudas PEL-Emprende da Deputación destina 1,8 M€ para apoiar a 238 empresas


A concesión das axudas publicouse este martes no Boletín Oficial da Provincia e supón un importante apoio económico para que estas 238 empresas poidan adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria e/ou equipos para procesos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización dos seus negocios. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou o que “os investimentos desta liña do PEL contribúen a modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo e permitindo que proxectos emprendedores que empezan de xeito moi modesto, poidan, en poucos anos, chegar a consolidarse e incluso ser referencia no seu sector”. A liña PEL-Emprende subvenciona ata un 70% dos investimentos das empresas, con axudas que van dos 2.450 aos 17.500 euros. O 62% dos beneficiarios/as son autónomos, seguidos por un 37% de microempresas, empresas que contan cun máximo de dez traballadores/as.