“A lingua das bolboretas” de Manolo Rivas chega a Vimianzo con Sarabela Teatro

Butacas teatro

  • Esta actividade, enmarcada na programación de outono, terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas

Este sábado Sarabela Teatro achegará a Vimianzo a adaptación do filme de Manolo Rivas “A lingua das bolboretas”, unha actividade enmarcada na programación de outono e que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas.

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola, contemplando tamén a traxedia que supuxo vivir con medo co impacto do estalido dunha Guerra Civil.

O elenco da compañía está formado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fran Lareu e Josito Porto.

O prezo para o espectáculo é de 5 euros (reducido 2,5 euros) e a billeteira estará aberta unha hora antes do inicio de espectáculo. Contarase cun protocolo adaptado ao contexto sanitario, con itinerario seguro e sendo obrigatorio o acceso con máscara sanitaria dos maiores de 6 anos.