A liquidación da construción de 5 naves no polígono de Tella deixa un aforro de 21.000 euros

Parque empresarial de Tella, Ponteceso_GOOGLE MAPS

  • Das cinco naves ofertadas, unha xa foi reservada por unha empresa de nova implantación en Ponteceso

A liquidación pola construción de cinco naves no parque empresarial de Tella (Ponteceso) para aluguer, con opción a compra, amosa un aforro de 21.375 euros no imposto e taxa para a construción das mesmas. Das cinco naves que ofrece a empresa, unha xa foi reservada por unha empresa de nova implantación en Ponteceso.

O alcalde do municipio, Lois García Carballido, amosouse moi satisfeito coa iniciativa empresarial xa que se «trata dun investimento privado histórico». «Fixémonos no aforro fiscal: 813.543 euros de investimento equivalente, IVE e beneficio industrial incluídos, e só 2.250 euros de custo total, de licencia», destacou o rexedor, quen ademais remarcou que isto se debe «ás grandes bonificacións fiscais que temos no parque empresarial de Tella». As empresas que veñan a estas naves dende a creación dun só emprego, xa terán bonificada a metade do IBI e o IAE a final de ano.

A tramitación está moi avanzada, de tal xeito que en xaneiro xa poderán estar as grúas traballando no parque empresarial. Deste xeito, dende só 635 euros ao mes máis IVE consultando condicións, durante dez anos, Tella será o único polígono con naves chave en man en aluguer con opción a compra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha