Uns vinte mozos fan unha festa nun túnel sen medidas de seguridade

1 minutes read

O túnel está próximo ás sendas do río Sar, en Santiago de Compostela, e a pesares de que se trata dun paso moi transitado por xente que practica deporte, iso non disuadiu os mozos que ademais de incumprir todas as medidas de prevención de contaxios, xa que a maioría non levaba máscaras e non mantiña as distancias, vulneraban a ordenanza que prohibe beber alcol na rúa.

A chegada da policía fixo que a maioría dos asistentes fuxiran do lugar. Os axentes lograron identificar a tres dos participantes cuxas familias recibirán as correspondentes notificacións. Os veciños do lugar insisten na necesidade de que os mozos entendan a gravidade da situación e dos riscos que supoñen este tipo de actitudes, que ademais de poñer en risco a saúde implican considerables sancións económicas.