A loita contra a Mina de Touro chega á vía xudicial


A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa instan á Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG a actuar contra a Mina de Touro. Presentaron no Tribunal información oficial de Augas de Galicia que amosa que os efectos desta explotación de cobre nos ríos, mananciais e augas subterráneas son perxudiciais aínda despois do peche.

Os colectivos teñen confianza en que as probas sustentadas son suficientes para plantexar unha denuncia e “depurar responsabilidades” que, como explica o presidente da PDRA, Xaquín Rubido, non son só privadas. Mediante o Real Decreto 2563/1982, a Xunta ten competencia sobre as minas, o que inclúe “inspeccionar o cumprimento das condicións técnicas, de seguridade e ambientais”. Ademais de dous artigos do Código Penal e da Constitución que fan o caso denunciable.

A contaminación é detectable nunha superficie de 65 km arredor da mina, e constatan dende ADEGA tras o análise dos datos de Augas de Galicia, que xa hai 10 anos que afecta ao río Ulla así como que os tratamentos de rexeneración e control sobre as balsas e ríos da contorna fracasaron á hora de reducir o grao de acidez e de metais pesados. A isto, o secretario executivo da asociación, Fins Eirexas, engade que “en moitos casos superan o límite legal”.