Xornada preelectoral de enquisas en prensa con conclusións similares. Continuaría o empate entre os bloques de esquerda e dereita con poucas posibilidades de desbloqueo e coa última palabra en voz do nacionalismo.
Pelexa BNG – VOX
Pero en Galicia as sondaxes arroxan algunha novidade. E é que a formación de ultradereita VOX, segundo unha sondaxe de DYM para os diarios de Editorial Prensa Ibérica, podería obter por primeira vez representación, cunha acta pola circunscrición da Coruña. A batalla daríase polo oitavo escano da provincia, que en abril acabou en mans de Ciudadanos, formación á que as enquisas exclúen de representación fronte ao 10- N.
A pé de rúa
Os últimos días de campaña presúmense duros por parte do BNG. Os nacionalistas, sen representación en Madrid desde 2015, apelan desde o anuncio da convocatoria electoral ao espírito de remontada baixo o lema “Desta Vai”. O escenario presentábase similar en abril, cando os de Ana Pontón promulgaban o dobre valor do voto ao BNG: “Para frear á ultradereita e para defender os intereses de Galicia”.
Actos públicos
A caravana electoral do BNG fai parada este luns, 4 de novembro, en Carballo, ás 20:30 h no Fórum, un acto no que intervirán entre outros, o candidato Néstor Rego, o alcalde Evencio Ferrero, e a Portavoz Nacional Ana Pontón. Pola súa banda, os de Santiago Abascal non apostarán por Galicia nesta semana, máis aló de mesas informativas organizadas por simpatizantes da formación de ultradereita en varias localidades.
Fran Lago.