39
O premio gordo da Lotaría do Neno deste ano estivo moi repartido. Foi vendido en Taragoña, Rianxo, e noutras 17 administracións máis. Entre elas, Albacete, Barcelona, San Sebastián, Madrid, Toledo ou Valencia.
En Taragoña, venderon unha serie enteira do número 57.342: 2 millóns de euros. A alegría en Rianxo recorda á de 2003, cando o sorteo de Nadal deixara 120 millóns.
Este primeiro premio, moi repartido, consignouse tamén nas localidades valencianas de Simat da Valldigna e Manises, As Palmas de Gran Canaria e Lleida, segundo Loterías e Apostas do Estado.