A luz chegou este luns ata 174,68 euros/MWh


O prezo medio da electricidade no mercado almacenista (pool) situouse este luns en 174,68 euros o megawatt hora (MWh), o que supón un repunte do 8,8% respecto ao prezo fixado para a véspera e que marca o seu terceiro prezo máis alto desde que existen rexistros. Segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico da Electricidade (OMIE), o prezo máximo rexistrouse entre as 21:00 e as 23:00 horas, cando foi de 195,26 euros/ MWh, mentres que o mínimo foi de 138,6 euros/ MWh entre as 4:00 e as 5:00 horas.