A madeira do abeto caído no IES de Cee converterase nun clavicémbalo

2 minutes read

Trala caída do centenario abeto grego do xardín botánico do Instituto Fernando Blanco de Cee o pasado 17 de outubro, e trala visita dos técnicos da Consellería de Educación, a quen está cedido o recinto educativo propiedade da Fundación Fernando Blanco de Lema, para valorar os danos causados, celebrouse unha reunión para tratar de valorar que utilidade darlle á madeira dunha árbore emblemática para a entidade e para a vila.
A dita reunión entre os integrantes do Padroado da Fundación como entidade propietaria da árbore e membros do equipo directivo do I.E.S. Fernando Blanco como encargados da xestión e funcionamento do centro, estiveron convidados os representantes dos partidos políticos de Cee en nome da veciñanza, dado que o legado do fundador é patrimonio de tódolos ceenses,
Logo de comunicar á Directora do I.E.S. Fernando Blanco que a Consellería de Educación faríase cargo do arranxo dos danos ocasionados pola caía do abeto, era o momento de valorar as distintas ideas, e entre elas, resultou elixida a do luthier, compositor e teórico da música, Daniel Romar Sambade, o cal, a cambio da madeira, propuxo construír un clavicémbalo e doalo, sen custe, para a Fundación.
O clavicémbalo a replicar será un modelo orixinal flamenco (Países Baixos) do ano 1638 do construtor Ioannes Ruckers de Amberes, conservado no Instrument Museum St. Cecilia´s Hall de Edimburgo.
O instrumento será entregado á Fundación dentro de aproximadamente 18 meses (tempo necesario para o serrado de táboas, secado, mecanizado e elaboración do clavicémbalo).

Ademais reservarase un tramo dunha das polas para que un artista poida elaborar unha talla simbólica coa idea de colocala no lugar onde o abeto estaba plantado, así coma tamén un anaco do tronco para que dende o club de ciencias do Instituto poidan datar con exactitude a idade do abeto segundo os aneis de crecemento (dendrocronoloxía).

A proposta de Daniel Romar foi do agrado de tódolos asistentes á xuntanza por diversas razóns: pola beleza do instrumento a elaborar que enriquecerá o patrimonio da Fundación; por tratarse a madeira do abeto grego moi apreciada na luthería de instrumentos musicais de corda; pola conexión da peza coas ensinanzas musicais impartidas no Instituto Fernando Blanco dende a súa inauguración; e por tratarse Daniel Romar dun artista local.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?