A mala sorte cébase co Sofán complicándolle a permanencia na categoría

1 minutes read

A SD conseguiu neutralizar a un dos mellores equipos da categoría, o Somozas, pero unha semana máis a historia repetiuse, fallando un penalti no minuto 15. Foi antes do descanso cando chegou o gol do Somozas por mediación de Rubo. Xa na segunda parte a SD seguiu dando pasos cara a meta rival, ante un Somozas que xuntou as súas liñas e só se dedicou a defender. Incontables remates, corners, accións a balón parado e incluso un tiro de Julián subindo nas últimas accións do partido que a piques estivo de acabar no máis que merecido empate, pero sen éxito. O Somozas tamén tivo unha clara ocasión de gol nunha falta de Pablo Rey que acabou no traveseiro. Con este resultado o Somozas asaltou provisionalmente a cabeza da clasificación con 59 puntos, caso oposto do Sofán que pecha a táboa con 17. O mércores volve haber fútbol no Carral, a SD recibe ao Fabril na última xornada adiada que teñen os locais.