A mancomunidade de Ordes presentou en FITUR a súa proposta como xeodestino propio


Dentro das presentacións da programación de Galicia, que se levaron a cabo na 42 edición de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid, este xoves tivo lugar a ponencia “Terras de Ordes novo Xeodestino”. “Os concellos desta zona ofrecen a posibilidade de dar un paseo pola Galicia auténtica de tradicións e costumes centenarias”, así o destacou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, que participou no evento. “Co apoio dos axentes do sector, as asociacións, as organizacións e os profesionais e da man das ferramentas e dos recursos turísticos deste territorio, o posicionamento da Mancomunidade de Ordes nos últimos anos está a demostrar a súa capacidade de desenvolvemento excepcional”, matizou.