A manipulación de tacógrafos será delito penal


Así o deu a coñecer en rolda de prensa o fiscal de sala coordinador de Seguridade Viaria, Bartolomeu Vargas, que enviou un oficio este luns a policías nacionais, gardas civís e demais corpos autonómicos, no que se remitiron «pautas de investigación» derivadas dunha sentenza do Tribunal Supremo do 15 de xaneiro de 2020, que considera delito de falsidade de documento oficial a manipulación de tacógrafos.

Ata a data, a manipulación de tacógrafos era considerada unha infracción administrativa moi grave, penada con 4.001 euros de multa para a empresa de transporte para a que traballa o condutor e cunha sanción de 500 euros e retirada de 6 puntos do carné para os condutores que levan o tacógrafo manipulado no seu vehículo.

Pero unha sentenza do TS ditou que a manipulación de tacógrafos era constitutivo dun delito de falsidade de documento oficial do art. 392 do Código penal en relación co art. 390.1.2, castigado con penas de ata 3 anos de prisión.