A maquinaria traballa en Baldaio para abrir a lagoa ao mar

As máquinas da Xunta de Galicia están traballando na praia de Baldaio para abrir a lagoa ao mar, que se rexeneren as augas e ao mesmo tempo evitar inundacións próximas ás vivendas da marisma, traballos que estarán adaptados as condicións meteorolóxicas e ao rexime das mareas vivas que se prevén para os próximos días. Estes traballos garantirán o equilibrio do ecosistema e favorecerán o ciclo do marisqueo devolvendo a actividade a zona e favorecendo o ciclo natural da auga. Tal e como informou o Goberno galego nunha nota de prensa, os traballos, que se adaptarán ao réxime de mareas, dependerán das condicións meteorolóxicas e marítimas da zona. A finalidade é retirar o tapón de area existente co obxectivo de que a lagoa recupere o nivel natural de auga que ten habitualmente.

Related posts

A Xunta colabora na adquisición dun vehículo ECO para a Policía Local de Malpica

O Concello da Laracha porá en marcha en xaneiro obradoiros prácticos de poda e enxerto de árbores froiteiras

Dous centros públicos de Educación Secundaria de Zas recoñecidos cos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas