A marca Artesanía de Galicia exhibe toda a súa creatividade na feira Mostrart

1 minutes read

Organizada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta, a feira foi inaugurada este sábado e celebrarase nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña ata o 29 de agosto, na que a marca Artesanía de Galicia exhibe toda a súa creatividade e valor artístico, ao tempo que serve como plataforma de lanzamento para os novos profesionais do sector.

En Mostrart, que celebra a súa 38ª edición, participan un total de 71 obradoiros expoñendo os seus traballos, 51 de Galicia e 20 procedentes do resto de España, Francia e Portugal, o cal demostra a veteranía e proxección do encontro. Impúlsase así a comercialización de Artesanía de Galicia, a primeira marca propia dunha comunidade autónoma, e visibilízase e reivindícase o talento dos artesáns galegos para que o público poida aprezar o esforzo que está a facer o sector por adaptarse ás novas tendencias.