A «marcha do aluminio» de Alcoa remata en Madrid

Os traballadores de Alcoa rematarán en Madrid a «marcha do aluminio» e despois van encabezar unha manifestación que terá como punto final o Ministerio de Industria.

Os que levan a cabo a marcha son uns 45 traballadores da factoría de Avilés, que partiron o día 13 deste mes da localidade asturiana e este domingo transitaban xa pola provincia madrileña.

O luns uniranse a eles previsiblemente representantes da planta coruñesa de Alcoa. Piden que se explique máis polo miúdo o plan de salvación das dúas factorías, porque temen que máis de cen traballadores queden sen recolocar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha