A Marea Galeguista presenta un plan industrial onde a Xunta forma parte de Navantia

Pancho Casal presenta en Navantia la propuesta industrial de la Marea Galeguista_Cedida

  • Destacan tamén a importancia de desenvolver un AOR de xeito inmediato e financiar o plan industrial

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Pancho Casal, a n.º 2 María Chao, e diversas integrantes da candidatura da Marea Galeguista pola provincia da Coruña, reuníronse co Comité de Empresa de Navantia, nunha xuntanza na que lles presentaron o proxecto que a formación ten dentro da súa proposta industrial para Galicia para os estaleiros de Navantia en Ferrol e Fene.

Durante a xuntanza, Pancho Casal salientou tres cuestións esenciais: a primeira delas fai alusión a unha actuación inmediata que podería ser, segundo apuntou, «o desenvolvemento dun AOR, buque para o que xa teñen enxeñería, inda que tiveran que actualizala». Para Casal, se isto non fose así, «o estaleiro estará ano e medio parado», polo que instou ao Ministerio de Defensa, ao Ministerio de Industria e ao goberno do estado a «darlle para diante a isto de xeito inmediato».

Outra cuestión das que sinalou como esenciais é o financiamento do plan industrial, do que asegura «levase falando case tres anos e inda non hai nada orzamentado». Critica Casal que «o goberno de Podemos e do Partido Socialista en 2019 non dotou ningunha partida para ese plan», e asegura que «nos novos orzamentos, que se desenvolvan tanto na Xunta de Galicia como no estado, a Marea Galeguista porá como liña vermella que se dote de orzamento ao plan industrial».

Dende a Marea Galeguista, defenden tamén «un hub da tecnoloxía eólica mariña flotante fixa, pivotado entorno a Navantia» xa que, como indica Pancho Casal, «non pode ser que veña unha empresa de Asturias a desenvolver aquí a súa tecnoloxía cando Navantia ten tecnoloxía de sobra para desenvolver estes proxectos integrais».

A última cuestión que propuxo ao Comité, como «imprescindible para que todo isto chegue a bo fin» é que a Xunta de Galicia estea no Consello de Administración de Navantia, pois para Casal «iso garantiría que o plan industrial fora adiante».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha