A Mariña “chora” a posible “morte” de Alcoa


Traballadores, familiares e veciños da Mariña celebraron este sábado ás 19:30 horas un velorio simbólico á entrada da fábrica de Alcoa en San Cibrao para expresar o sentir da comarca se a factoría chegase a pechar. Unha nova protesta na que participaron miles de persoas ás portas dunha semana de vital importancia para o futuro da fábrica na Mariña, pois o vindeiro xoves celébrase o xuízo polo ERE que iniciou a empresa.