Está aberto o prazo de inscrición para participar na viaxe que está prevista realizar á Mariña Lucense o sábado 18 de maio. Con esta iniciativa, aberta á participación de toda a cidadanía e dirixida, preferentemente, aos maiores de 55 anos que residen no municipio, o departamento que dirixe Isabel Vuelta pretende ofrecer unha alternativa máis para o tempo de ocio e lecer da veciñanza, achegándoos a descubrir algúns dos valores turísticos máis destacados das Rías Altas galegas como son a súa paisaxe, a natureza e, por suposto, a gastronomía.
As persoas que estean interesadas en asistir á que será a cuarta excusión do ano deberán anotarse ao longo da semana no departamento de Servizos Sociais. Para garantir a participación de todos os veciños e veciñas nesta actividade.
Máis información chamando nos teléfonos 881 983 045/ 981 983 797.