A maternidade do HM Belén estrea novas instalacións


HM Hospitais estreou novas instalacións de Maternidade no HM Belén da Coruña, onde investiu máis dun millón de euros que permitiron renovar completamente a área cirúrxica, ampliar o laboratorio de Fecundación in vitro de HM Fertility Center e abrir unha nova Unidade de Traballo de Parto e Recuperación (UTPR) para parto natural ou de baixa intervención, que é a primeira da sanidade privada en Galicia.

Ao acto de presentación das novas instalacións acudiron o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, a alcaldesa Inés Rey e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Relacións Institucionais, Juan Ignacio Cordeiro. Acompañáronos o director territorial de HM Hospitais en Galicia, Rafael Silva; a Dra. Pilar Múgica, directora médico territorial de HM Hospitais en Galicia e os representantes da dirección médica de HM Modelo e HM Belén, o Dr. Jorge Cobián e a Dra. Sonia Pedredo.