A maxistral intervención da Policía Local de Carballo termina coa detención dun home en busca e captura

Policía local Carballo

Iván M.M., de 35 anos, cun amplo historial delituoso e de mote ‘La Iguana’, foi pillado coas ‘mans na masa’ na madrugada deste martes cando se atopaba dentro dunha florería da rúa do Sol en Carballo, tal e como informou o corpo policial a todos os medios. Os axentes que acudiron á alerta pasada por un veciño atopáronse a porta forzada e ao individuo no interior, que tras un intento evasivo sen éxito acabou reducido e detido. Sobre el xa constaba unha requisitoria penal, polo que tras o seu paso a disposición xudicial este martes, decretouse o seu ingreso en prisión, onde xa é un vello coñecido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha