A mazaricá Ara Nieto gañadora da edición 2021-2022 de Recantos


Araceli Nieto Freire, Ara Nieto (Mazaricos 1999), representaba á Costa da Morte no concurso ‘Recantos’, de Luar, o concurso de talentos musicais que promove este veterano programa da TVG. Na útima xornada do concurso competía coa bergantiñá Jennifer Cambón, que representaba ás Terras de Ordes, e que quedou segunda clasificada, nunha difícil decisión para un xurado composto por Laura Añón, Manuel de Andrade e Xosé Manuel Piñeiro. Ara Nieto, a pesar da súa xuventude xa conta cunha larga traxectoria no mundo do cante, con participación en orquestras como Principal, Os Breogáns, Channel ou Los Españoles.