A mediados de semana chegarán a Galicia restos do ciclón Kyle

En concreto o ciclón Kyle está a comezar a moverse cara a territorio europeo e está previsto que se sitúe próximo á costa galega entre o mércores e o xoves da semana que vén. Kyle deixará de ser tormenta tropical e converterase nunha borrasca intensa grazas a un proceso de cicloxénese explosiva, algo pouco habitual na época estival na que estamos e máis típico dos meses invernais. Por tanto, debido a iso traerá choivas abundantes de maneira xeneralizada, acompañadas de ondada e moito vento.