Os traballos executados no centro de ensino permitirán achegar as melloras esixibles de habitabilidade, accesibilidade, confort, conservación, seguridade de utilización e dixitalización para a automatización e control do edificio, de conformidade cos obxectivos do Código Técnico da Edificación (CTE) de mellorar as esixencias básicas de calidade da edificación e as súas instalacións.
O obxectivo da actuación é o de transformar o edificio nun de consumo case nulo, conseguindo coa súa rehabilitación unha demanda enerxética moi baixa e unha alta eficiencia enerxética con moi pouco consumo de enerxía, a través da modernización dos materiais para empregar e as instalacións térmicas a executar, unhas condicións máis ambiciosas superiores ao aforro mínimo esixido do 30 %, pois a transformación do edificio persegue ao cabo alcanzar os tan altos niveis de confort, benestar, hixiene e salubridade que se esixen para os seus usuarios, nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Polo tanto, a intervención inclúe a substitución dos equipos de iluminación actuais, por outros de tecnoloxía LED que melloran o rendemento lumínico, diminuíndo ao mesmo tempo o consumo eléctrico do edificio. Á súa vez, tamén se está a implantar un sistema de regulación de luz artificial en función da achega de luz natural, e tamén se está instalando 12 captadores solares fotovoltaicos na zona de cuberta plana.
39