A mellora das reservas de auga permite recuperar a normalidade na Costa da Morte

1 minutes read

A Oficina Técnica da Seca celebrou unha nova reunión na que se constatou unha mellora nas reservas de auga que permite recuperar os niveis de normalidade e desactivar a prealerta por escaseza no sistema de abastecemento do río Grande, ría de Camariñas e o río Anllóns.

No encontro ratificouse que, tras as chuvias rexistradas na terceira semana de outubro, se produciu un incremento importante dos caudais circulantes, de modo xeneralizado, prevéndose que continúe esta liña de ascenso coas precipitacións que se agardan nas vindeiras semanas.

Unha vez avaliados os indicadores hidrolóxicos e meteorolóxicos na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de titularidade autonómica, a Oficina Técnica da Seca acordou pasar á situación de normalidade estes sistemas de abastecemento.

No sistema de abastecemento do río Anllóns, Costa da Coruña ata o límite de Arteixo tamén se constata unha melloría da situación, pasando do nivel de alerta por escaseza a manterse simplemente en prealerta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?