O Goberno traballa na preparación dun novo paquete de medidas de apoio ao sector agrario que mitigen os efectos da seca sobre a produción agrícola e gandeira. A Mesa da Seca, reunida baixo a presidencia do Subsecretario de Agricultura, Pesca e Alimentación, Ernesto Abati García-Manso, examinou a situación dos distintos sectores e territorios, e articulou mecanismos de coordinación, xunto co Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, para identificar as posibles medidas a adoptar. O subsecretario anunciou que, ademais, o ministro Luís Planas vai remitir unha carta de maneira inmediata á Comisión Europea para expor todas aquelas medidas de flexibilización ou de carácter excepcional na aplicación das normas da Política Agraria Común (PAC).
27