A mesa de diálogo con Cataluña constituirase o 26 de febreiro

1 minutes read

O Goberno de España liderado por Pedro Sánchez propuxo constituír a mesa de diálogo o mércores 26 de febreiro no Palacio da Moncloa para empezar a solucionar o conflito en Cataluña. Unha das condicións do acordo de investidura alcanzado entre Esquerra Republicana de Cataluña e o Partido Socialista Obreiro Español. En cambio, desde a Generalitat de Catalunya, recriminaron que o goberno central anuncie a data sen acordo previo, porqué non respecta a axenda do President Quim Torra. Tendo en conta, que segundo fontes do goberno catalán, na reunión en Barcelona con Pedro Sánchez a principios de febreiro, acordouse que dous equipos técnicos acordarían a data da primeira reunión. Unha reunión que contará co presidente do executivo español, Pedro Sánchez pero tamén co representante da Generalitat, Quim Torra. Á reunión tamén está previsto que asista o vicepresidente segundo Pablo Iglesias como a vicepresidenta Carmen Calvo e o ministro de Sanidade, Salvador Illa.