A Mesa Local de Comercio de Carballo aprobou as iniciativas do CCA e Axober para o ano 2026

A Mesa Local de Comercio celebrou unha xuntanza para aprobar as iniciativas programadas para este ano polo Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober).

A proposta do CCA, que foi aprobada por unanimidade, inclúe as seguintes actividades:

  • Rebaixas de inverno
  • Campaña Namórate do teu comercio
  • Día do pai
  • Feira das Oportunidades, que se desenvolverá do 6 ao 8 de marzo. O programa concreto tamén recibiu o visto bo da mesa. A feira contará con 27 expositores no interior da carpa e entre seis e oito no exterior, e ademais volverá celebrarse a pequefeira.
  • Feira Biosaúde (9 e 10 de maio)
  • Día da nai
  • Que rule, que rule!!!
  • Campaña de verán O prezo xusto
  • MercaEdillo, previsto para o 12-13 de setembro
  • Campaña de volta ao cole
  • Samaín
  • Black Friday
  • Campaña de Nadal
  • Actividades formativas
  • Actividade de promoción e dinamización en redes sociais
  • Participación en campañas institucionais
  • Colaboracións e patrocinios

Tamén foi aprobado de xeito unánime o calendario de actividades de Axober, que inclúe as seguintes propostas:

  • Bergantiños, 0 emisións. Segunda edición do evento, que se ampliará de un a tres días, previsiblemente entre o 5 e o 7 de xuño.
  • Berocasión. Feira de vehículo de ocasión, inicialmente programada para a fin de semana do 28 a 30 de agosto.
  • Feira de hostalaría, en estudo.

Na sesión deuse conta da recente creación da asociación A Praza, que agrupa aos profesionais do mercado municipal, e que ten previsto solicitar a súa inclusión na Mesa Local de Comercio, o cal implicaría tamén a necesidade de dar entrada a un/ha novo/a representante da corporación.

A Mesa Local de Comercio estivo presidida polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, e contou coa participación de Yolanda Antelo Cameán, en representación do Centro Comercial Aberto (CCA); Kelly Villar Cancela, da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober); Ramón Varela Rodríguez, concelleiro de Feiras, Mercados, Contratación e Participación Veciñal; Beatriz Neira Varela, en representación do grupo municipal do Partido Popular, e Belén Hevia Ramos, en representación da Xunta de Galicia, que participou por vía telemática. Actuou como secretario Vítor Recarei Añón, funcionario do Concello de Carballo.

Related posts

Un home perdeu a vida en Sarria tras caer co seu vehículo ao río

Carballo consolida a tendencia á alza na reciclaxe de aceite vexetal usado

A Laracha avanza para adxudicar a mellora da rede de abastecemento en Caión e crear unha nova aplicación informática