A metereoloxía adversa apraza as xornadas micolóxicas de Cerceda

1 minutes read

As xornadas impulsadas polo Concello de Cerceda previstas para este sábado 29 de outubro, adíase ata o 19 de novembro por mor das previsións meteorolóxicas adversas. Celebrarase no Viveiro de Empresas de 10:00 a 11:30 horas, tempo onde se desenvolverá a formación teórica para que as persoas participantes poidan coñecer as diferentes especies e clasificacións.

De 11:30 a 13:30 horas, será a formación práctica, cunha saída o monte, recollida e clasificación e para a que se recomenda levar roupa e calzado axeitados. A lista de persoas inscritas e a de agarda mantense tal e como se pechou. Para solicitar máis información, as persoas interesadas poden facelo no 981 68 50 01 extensión 8.