A microtoponimia centrou a terceira cita das «Xornadas Carballo na Memoria»

Estiveron organizadas polas concellarías de Planificación Urbana e Mobilidade, por unha banda, e Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística, pola outra. Este xoves Carballo volveu encher de sabedoría, e tamén de público, as Escolas do Xardín Agra de Caldas. Neste emblemático edificio, cada vez máis cheo de vida, recibiuse á escritora Marilar Aleixandre, moi ben acompañada por Sonia Gómez Castro, que falou sobre nomes de lugares da Costa da Morte. E desde ese mesmo punto partiu a ruta pola toponimia urbana carballesa guiada por Fernando Cabeza Quiles, un dos maiores expertos na materia. A semana que vén agárdavos outra historia apaixonante: a dos Baños Vellos.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social