A ministra Darias «recoñece e valora» o papel das deputacións na pandemia

1 minutes read

A cidade da Coruña acolleu unha xuntanza na que participaron a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto aos seus homólogos das deputacións de Pontevedra e Lugo, Carmela Silva e José Tomé, ademais do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

A ministra destacou o importante papel de «coordinación e asesoramento» desenvolvido polas deputacións durante a pandemia e anunciou axudas para paliar os danos sufridos polos concellos durante os temporais que tiveron lugar o pasado ano, entre os que se atopan, A Laracha, Carballo, Curtis, Dumbría, Ferrol, Muxía, Oleiros, Pontedeume, Santa Comba ou Miño.

González Formoso agradeceu a visita da ministra Darias á Coruña e o feito de que informe dos investimentos realizados polo executivo en Galicia e «conte con nós para coordinar a acción das institucións».