A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, aproveita a venda de Alcoa para pedirlle ao PP que se absteña na investidura de Pedro Sánchez. Di que o estatuto das electrointensivas, que garantiría o futuro da factoría a longo prazo, non se pode aprobar se non hai Goberno, e pídelle «lealdade» á Xunta para conseguilo.
Cinco días despois de asinarse a venda de Alcoa, Reyes Maroto reuniuse na Coruña cun grupo de traballadores da factoría, onde afirmou que «saben que o estatuto é algo que poderemos aprobar só cando haxa Goberno, agora mesmo estamos en funcións e polo tanto se se bloquea a constitución do Goberno estase bloqueando o estatuto das electrointensivas. Así que pido lealdade institucional, que traballemos xuntos todas as institucións».