A ministra de Transportes e Mobilidade presentou o proxecto da conexión ferroviaria a Langosteira

1 minutes read

«O Goberno de España cumpre a palabra dada» e pon en marcha «unha infraestrutura estratéxica para a provincia da Coruña e para Galicia, que suporá un importante investimento de preto de 140 millóns de euros, que xa está en fase de licitación pública, polo que comezará pronto a ser unha realidade».

Así o afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen asistiu no Pazo municipal de María Pita ao acto público de presentación do proxecto xunto coa ministra de Transportes e Mobilidade, Raquel Sánchez, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, entre outras autoridades.

En declaracións aos medios antes do inicio do acto, Formoso explicou que a licitación desta gran obra «supón o cumprimento da palabra dada hai uns meses nesta mesma casa (o Concello da Coruña), onde todas as institucións reclamamos que Punta Langosteira contara cunha conexión ferroviaria», imprescindible para «garantir a operatividade e competitividade» do porto exterior, explicou.

O acceso ferroviario, financiado con cargo aos fondos Next Generation, terá unha lonxitude de 6,7 quilómetros, dos que 5,3 discorren en túnel.