0
A moeda rusa rompeu este luns a barreira psicolóxica dos 100 rublos por dólar estadounidense. É a cifra máis baixa desde finais de marzo de 2022, cando dúas semanas despois do inicio da guerra, caeu a 120 rublos por dólar na Bolsa de Moscova. O Banco Central de Rusia celebrará unha reunión extraordinaria para abordar un posible aumento dos tipos de xuro, nun intento de frear a desvalorización da moeda. No que vai de ano, o rublo perdeu case un 30% do seu valor fronte ao dólar. O illamento e o peche de mercados está a danar as finanzas do país. Con todo, algúns analistas rusos esperan unha recuperación nos próximos meses.