O rublo sufriu este luns unha caída no mercado Forex de case un 30% fronte ao dólar e o euro por mor do anuncio dalgúns bancos do sistema de comunicacións interbancario internacional SWIFT e a paralización por parte da Unión Europea (UE) das transaccións co Banco Central de Rusia (BCR) tras a invasión de Rusia a Ucraína. Para defender a economía e a moeda nacional ante as sancións occidentais, o banco central de Rusia anunciou este luns nun comunicado que subirá a súa taxa de interese de referencia en 10,5 puntos porcentuais, levándoa a 20%. Nas rúas de Moscova e de San Petersburgo, os rusos expresaron inquietude polos seus aforros, aínda que non houbo unha avalancha de clientes nas sucursais tentando retirar os seus depósitos, pero si un fluxo máis nutrido. Tras os acontecementos, o Banco Central de Rusia decidiu pechar a Bolsa de Moscova ata ata o 5 de marzo.
44