A Xunta de Galicia suspendeu, por segundo día, toda a actividade prevista, en sinal de dó polo falecemento do conselleiro de Facenda. O Goberno galego enviou as condolencias á familia e amigos de Valeriano Martínez, ao que lembraron como un traballador público «que sempre estivo ao servizo do pobo de Galicia». Este mediodía, ás portas da sede da Xunta en San Caetano, gardouse un minuto de silencio no seu recordo no que participaron todos os conselleiros e o presidente do executivo galego.
Sentimos profundamente comunicar que o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, acaba de falecer no seu despacho despois dunha parada cardiorrespiratoria.
A maior das apertas a todos os seres queridos dun traballador público que sempre estivo ao servizo do pobo de Galicia