A morte dun veciño de Carballo de 49 anos fai reflexionar de novo sobre a necesidade de contar cunha ambulancia medicalizada

1 minutes read

Día a día, semana tras semana non facemos máis que lamentarnos da falta de atención médica a unha persoa indisposta nun momento determinado na Costa da Morte. A última este mércores, un veciño da rúa do Muíño de Carballo de tan só 49 anos atopábase indisposto e necesitaba atención médica urxente, lamentablemente os sanitarios que acudían no seu auxilio tan só puideron certificar o seu falecemento.

Pode ser que con ambulancia medicalizada (SVA) ou sen ela falecese igual, pero o que está claro e que os medios de actuación en emerxencias extremas non serían os mesmos con ela que sen ela. Unha ambulancia medicalizada contaría con equipamento de alta tecnoloxía, respiradores automáticos e material de intubación avanzado e medicación exclusiva cos que nin as básicas nin os médicos dos PACs contan nas súas mochilas de urxencia.

Por todo, os responsables de poder prestar este servizo directo a 110.000 veciños e veciñas da Costa da Morte, e non a 50 quilómetros dende A Coruña ou Santiago, deberían reflexionar á hora de priorizar en tipos de inversións, algo que a cidadanía da comarca leva anos demandando e coa seguridade dos entendidos na materia que indican por exemplo que as probabilidades de sobrevivir a un infarto aumentan ao 80 por cento cando os pacientes son atendidos nos primeros ‘tres-cinco minutos’ por personal sanitario de emergencias coa preparación e o material axeitado.