A Mostra da Olaría de Buño botou o peche cun futuro incerto

2 minutes read

Tras as desavinzas entre o Concello de Malpica e os Oleiros, Buño viviu catro días de actos e celebracións, algo que debería contribuír á sinerxía da venda do produto estrela da ocasión, as pezas de barro, pero non foi así. Os comerciantes de cheiraría cumpriron as súas ameazas e non participaron no evento nin tampouco abriron as súas tendas. Tras o divorcio entre a organización e os artesáns, toca facer balance, as actividades paralelas tiveron moi boa acollida, pero foron insuficientes para crear unha sinerxía de asistencia masiva á localidade, algo que pode tardar anos en conseguirse sen crear un formato de diálogo e unión entre as partes.

Este domingo unhas 150 persoas chegadas de diferentes puntos da comarca acudiron á chamada dos oleiros para acompañarlles en Buño nun acto de protesta especialmente contra a concellería encargada da xestión da Mostra e en particular contra o concelleiro Alfredo cañizo. Os presentes corearon varios slogans coa praza de Santa Xusta como epicentro da mobilización. O acto terminou coa intervención do presidente do colectivo, Antonio Pereira, que convidou os presentes á próxima edición de 2024, «esa si será a 39 edición da Mostra», concluíu.

Alfredo Cañizo non esquivou a súa responsabilidade, estivo presente en Buño e en todos os actos paralelos celebrados para a ocasión, mesmo ao tempo das dúas concentracións realizadas en contra da súa xestión. Afirmaba non haber feito nada incorrecto nin cometer ningún delito, polo que dixo que continuará á fronte do desempeño das funcións encomendadas tras o pacto de goberno acordado polo seu grupo político co PP.

Representantes de Compromiso por Galicia en Bergantiños, o secretario comarcal e local Carballés Jesús Deus Gende e o responsable para Malpica e que exerce ademais como secretario de organización para Bergantiños, Víctor Manuel Fraga Arantón, foron algúns dos grupos políticos presentes este domingo en Buño que acudiron á chamada dos oleiros.