A Mostra da Olería de Buño contará un ano máis co apoio da Deputación da Coruña

1 minutes read

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Malpica Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron un convenio de colaboración para financiar cunha achega de 80.000 euros a trixesimo novena edición da Mostra da Olería de Buño, que se celebrará do 3 ao 6 de agosto de 2023.

A achega da Deputación supón o 80% do orzamento total do evento, que ascende a 100.000 euros e inclúe os gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do evento, que cada verán reúne a miles de visitantes.

Con esta colaboración, a Deputación da Coruña amosa o seu apoio a esta XXXIX Mostra da Olería de Buño e impulsa este evento, ademais de coma un recurso turístico, como unha actividade artesanal que repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza non só a nivel local, senón tamén na provincia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?