A Mostra de Olería de Buño recibe unha achega da Deputación da Coruña de 80.000 euros

0 minutes read

Eduardo Parga, alcalde de Malpica, asinou este martes na sede da Deputación da Coruña, xunto co vicepresidente, Xosé Regueira e o deputado de Promoción económica, Blas García, un convenio para a promoción da Mostra de Olería de Buño. A Mostra de Malpica recibirá unha achega de 80.000 euros. Parga agredeceu á Deputación que siga apostando pola promoción económica da Mostra de Olería de Buño.