A Mostra do Encaixe estreará o desfile ‘ReEncaixame’ para fomentar a súa reutilización

1 minutes read

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña terá un novo desfile: o ‘ReEncaixame’. Esta nova categoría é unha aposta clara pola sustentabilidade na artesanía e na moda, neste caso buscando fomentar a reutilización do encaixe.

A finalidade do desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas. Deben amosar como reinterpretan e transforman as prendas nunha nova colección cun enfoque de reutilización de materiais e redución de desperdicio.

Poderán participar todas aquelas persoas que, sendo ou non profesionais da moda, participasen no Concurso de Jóvenes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña nalgunha das súas 29 edicións.

O prazo para presentarse remata o 15 de xaneiro de 2024 ás 00:00 horas. As coleccións desfilarán na pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña baixo o nome das e dos deseñadores os días 30 e 31 de marzo de 2024.

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, explica que “o que buscamos é demostrar que o encaixe é unha artesanía de calidade que pode ser reciclado sen ningún tipo de problema noutras prendas, reducindo así o posible impacto ambiental negativo”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?