A Mostra do Encaixe pasa a chamarse «Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña»

1 minutes read

A Deputación da Coruña é consciente da importancia que ten a Mostra do Encaixe e, por iso, aposta por reforzar este ano o seu apoio a este evento, que pasa a chamarse oficialmente ‘Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña’.

O organismo provincial presidido por Valentín González Formoso apoia firmemente desde hai anos a celebración da Mostra e coñece de primeira man a proxección nacional e internacional que supón tanto para Camariñas como para toda a comarca da Costa da Morte, motivo polo cal decidiu reforzar a súa presenza e apoio ao certame, que este ano celebrará do 8 ao 12 de abril a súa trixésima edición.

A Deputación da Coruña é o principal patrocionador da Mostra, na que inviste 120.000 euros, ademáis de apoiar ao Concello en numerosos aspectos da organización.

O Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña chegaron a un acordo para aumentar a presenza do ente provincial na imaxe do evento, todo un referente na Semana Santa da Costa da Morte.

A acción máis importante neste novo escenario será o cambio de nome da Mostra, pero ademais nesta edición a Deputación estará presente en todos os elementos da imaxe oficial (carteis, vídeos, stands, camisetas…) da Mostra do Encaixe de Camariñas ao mesmo nivel que o Concello.

Manteñense actividades coma a a Pasarela Deputación, un dos eventos centrais da Mostra, e incorporaranse novas accións que se darán a coñecer durante a presentación oficial do programa, prevista para o vindeiro mes de marzo na sede da Deputación, na que se presentará tamén o novo video promocional da Mostra.