A mostra ‘Facer Camiño’ chega este venres ao MACCMO de Corme

Foto de archivo del MACCMO_visitacostadamorte.com

  • A presentación desta exposición relacionada co Camiño de Santiago iniciarase ás 19:00 horas

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte-MACCMO de Corme acollerá este venres, ás 19:00 horas, a presentación da exposición artística ‘Facer Camiño’.

A mostra está composta por 23 pezas de diferentes artistas e académicos galegos en relación ao Camiño de Santiago. Fotografía, pintura ou escultura son as ramas que destacan nesta exposición que chega ao concello de Ponteceso tras percorrer durante o 2020 as sete grandes cidades galegas e outras vilas como Cee, Tui e Mondoñedo.

No acto de presentación participarán o alcalde do Concello de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a presidenta da Fundación Torre-Pujales, Cristina Torre Cervigón e membros do Patronato.

A exposición permanecerá no MACCMO un mes.